En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración e instalación de material audiovisual para a Administración do Parlamento de Galicia.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 550, fascículo 2, do 11 de novembro de 2015 e na páxina www.parlamentodegalicia.gal ).
2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
4º. Teléfono: 981 55 13 00.
5º. Telefax: 981 55 14 09.
6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.gal
8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
d) Número de expediente: STI-PA-4/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración e instalación de material audiovisual.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución:
1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
e) Prazo de execución: 60 días, nos termos e prazos establecidos no prego de cláusulas administrativas.
f) Admisión de prórroga: non procede.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 32321300-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: de 0 a 51 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: de 0 a 49 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 115.000,00 € (sen IVE).
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 115.000,00 €. Importe total: 139.150,00 €.
6. Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.
c) Complementaria: no caso de que o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
Os dispostos nas cláusulas quinta, sexta e sétima do prego de cláusulas administrativas, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas. O criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá ser, polo menos, unha vez e media o valor estimado do contrato.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación é festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.
2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de ofertas.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: dúas sesións públicas, para sobres B e sobres C.
b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.
d) Data e hora: no día e hora que oportunamente comunicarase a licitadores e publicarase na páxina web do Parlamento de Galicia.
10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 550, fascículo 2, do 11 de novembro de 2015, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal .
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015
Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia