Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015346TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 30 de setembro de 2015, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador núm. 2015346TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a David Vidal Rodríguez, con DNI 77000213P, como titular do establecemento Café Bar A Rotonda.

Tras intentar a notificación desta proposta consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a David Vidal Rodríguez o contido da dita proposta, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 20 de outubro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015346TA-PO.

Denunciado: David Vidal Rodríguez, con DNI 77000213P, como titular do establecemento Café Bar A Rotonda.

Último enderezo coñecido: rúa Montesiña, núm. 35, 36699 Soutomaior (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4. «A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:

c) Advertencia sanitaria: na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en castelán e nas linguas cooficiais das comunidades autónomas, unha advertencia sanitaria sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco, especialmente para os menores».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.c) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).