Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0105/2015 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 15 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CON-PO-0105/2015

Sara Sobral Gómez

Resolución

Polo xefe territorial

CON-PO-0281/2015

Ignacio Alfonso Calvo Ramírez

Incoación

Polo xefe territorial

CON-PO-0289/2015

Gabriel Álvarez Vázquez

Incoación

Polo xefe territorial

CON-PO-0291/2015

José Saúl Álvarez Mosquera

Incoación

Polo xefe territorial

CON-PO-0293/2015

Jairo Blázquez Fernández

Incoación

Polo xefe territorial

PES-PO-0001/2015

David Matías Aguado

Resolución

Polo xefe territorial

PES-PO-0023/2015

Gheorghe Gavril

Incoación

Polo xefe territorial

PES-PO-0029/2015

Isaac Maquieira Iglesias

Incoación

Polo xefe territorial