Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente PES-OU-111/2015-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 11 andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 21 de outubro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-111/2015-V.

Interesado: José Matías Ramos.

Acto de notificación: notificación da incoación de expediente sancionador.

Expediente: CAZ-OU-124/2015-V.

Interesado: Rubén Ochoa de la Fuente.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: ANP-OU-22/2015-V.

Interesado: Daniel Moreno Navarro.

Acto de notificación: notificación do acordo de incoación de procedemento sancionador.