Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/20-0).

Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña), que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario:

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 16.4.2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Arzúa (A Coruña), que se publicou no Diario Oficial de Galicia (11.7.2013) e no Boletín Oficial da provincia (30.5.2013). Segundo consta neste proxecto de autorización administrativa, a subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de gas natural licuado (GNL) situada ao oeste do núcleo urbano de Arzúa, e desde a cal partirá a rede de distribución cara a este núcleo urbano, que acadará unha lonxitude de 8.028 m.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista, cuxo proxecto leva por título Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña), que inclúe a instalación da rede de distribución pero non a da planta de GNL, a cal é obxecto doutro proxecto de execución que se está a tramitar baixo outro número de expediente (IN627A 2015/21-0).

Descrición das instalacións:

A planta de GNL, obxecto doutro proxecto de execución, instalarase na parcela de referencia catastral número 15006A5140060400000K (polígono 514, parcela 604), situada na rúa Río Vello, no Polígono Empresarial de Arzúa e que se corresponde coa parcela elixida no proxecto que serviu de base para o outorgamento da autorización administrativa.

A rede de distribución obxecto do presente proxecto terá o seu inicio na válvula de saída da planta de GNL, discorrerá soterrada, dimensionarase para unha presión relativa de cálculo de 0,4 bar e construirase en polietileno de calidade PE-100 SDR 17,6 en distintos diámetros (160, 110, 90 e 63 mm), e acadará unha lonxitude de 8.489 m.

Termo municipal:

A solicitude afecta o termo municipal de Arzúa, na provincia da Coruña.

Orzamento:

Cincocentos catro mil nove euros con trece céntimos (504.009,13 €).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña) concrétase na seguinte forma:

1. Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os cales se construirán as instalacións fixas en superficie.

2. Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha anchura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de labra, cavado ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de talo alto.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obra, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.

– Libre acceso do persoal e equipos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.

B) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguridade, definida na norma UNE 60.305.83 (que se adopta para as canalizacións de polietileno, de desenvolvemento posterior, por requirir a mesma protección que as tubaxes de aceiro), que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguridade da canalización e na cal non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que sexa informado previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

C) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña), na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello de Arzúa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de predios afectados polo proxecto titulado Rede de distribución
para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar a Arzúa (A Coruña)

Abreviaturas utilizadas: SE: expropiación en pleno dominio; SP: servidume permanente de paso; OT: ocupación temporal; POL: polígono; PAR: parcela; CO: A Coruña; AR: Arzúa.

Termo municipal: Arzúa (A Coruña).

Nº de predio

Titular e enderezo

Afección

Catastro

Lugar

Natureza

SE

SP

OT

POL

PAR

m2

ml

m2

m2

CO-AR-01

Herdeiros de Elena Álvarez Gil

R/ Ramón Franco, 74, 15810 Arzúa (A Coruña)

4,00

106,00

319,00

859,00

15

78

Río Vello

Rústico