Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 29 de outubro de 2015 sobre notificación de resolución de reintegro de subvencións á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bamio.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Logo de ser intentada sen éxito a notificación á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bamio (NIF V36116168) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 28 de setembro de 2015 resolveuse declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida no expediente 959/36/2008/000012 pola cantidade de 397,26 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 y 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este no é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a entidade interesada interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do interesado/a no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria