Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (558/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 558/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Blanco Lesta contra Martínez Cebreiro, S.L., se ditou sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Santiago Blanco Lesta contra Martínez Cebreiro, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 12.716,84 euros, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis o xuro por demora do artigo 29.3 do ET respecto da suma de 6.786,56 euros correspondentes a salarios, calculado desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 576 da LAC sobre a cantidade de 5.930,28 euros correspondentes a indemnización por despedimento obxectivo calculado a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Martínez Cebreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial