Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de establecemento comercial colectivo con hipermercado Alcampo, no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido por Metalgráfica Gallega, S.A. (clave 2015/0117).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de outubro de 2015 do proxecto de establecemento comercial colectivo con hipermercado Alcampo, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Metalgráfica Gallega, S.A.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental