Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44258

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 171/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 171/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sabela López Hermida contra Limpintegra XXI, S.L., Cumbraos 2010, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Sabela López Hermida contra Cumbraos 2010, S.L. e Limpintegra XXI, S.L., absolvendo os demandados das peticións dela.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cumbraos 2010, S.L. e Daniel Gómez Mato, administrador, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial