Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle referente a reaxuste de aliñacións e rasantes na estrada de Filgueira número 10-12, Francelos.

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 24 de setembro de 2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle referente a reaxuste de aliñacións e rasantes na estrada de Filgueira número 10-12, Francelos, promovido por Juan Francisco Rodríguez Fernández, redactado polo arquitecto Rodrigo Meleiro González.

O acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 8 de outubro de 2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Ribadavia, 27 de outubro de 2015

José Ignacio Gómez Pérez
Alcalde