Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44343

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de novembro de 2015 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro), fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do consello social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A Lei 6/2013 no seu artigo 77.3 establece que a representación dos intereses sociais no consello social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do consello social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.

Con datas 19 e 27 de outubro e 3, 4 e 6 de novembro de 2015 os consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña comunican á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a renovación dos seguintes membros: Manuel Dios Diz, como representante do Concello de Santiago de Compostela no Consello Social da USC, en substitución de Mª José Corral López; Jesús Basterrechea López, como representante do Concello de Ferrol no Consello Social da UDC, en substitución de Mª Concepción López Fernández; Ana Barxa Cid, como representante do sector de estudantes da UDC no Consello Social, designada polo Consello de Goberno na sesión do 27 de outubro de 2015, en substitución de Francisco Lage Martínez; Eduardo Álvarez González, Luis Ramiro Díaz López e Luis Felipe Llamas Gómez, como representantes do Parlamento de Galicia no Consello Social da UDC, designados polo Pleno do Parlamento na sesión celebrada o 27 de outubro de 2015, en substitución de Emma Lustres Gómez e Andrés V. Salgueiro Armada, por renuncia, e de Marcelo Castro-Rial Schuller, por fin de mandato.

De acordo co artigo 79.2 da Lei 6/2013, o mandato dos membros substitutos estenderase só polo tempo que reste para concluír os dos substituídos.

Xúntase declaración xurada de compatibilidade dos novos membros dos consellos sociais.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a Manuel Dios Díz, como representante do Concello de Santiago de Compostela no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Mª José Corral López.

Artigo 2

Nomear a Jesús Basterrechea López, como representante do Concello de Ferrol no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Mª Concepción López Fernández.

Artigo 3

Nomear a Ana Barxa Cid, como representante do sector de estudantes da UDC no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Francisco Lage Martínez.

Artigo 4

Nomear a Eduardo Álvarez González, Luis Ramiro Díaz López e Luis Felipe Llamas Gómez, como representantes do Parlamento de Galicia no consello social da Universidade da Coruña, en substitución de Emma Lustres Gómez e Andrés V. Salgueiro Armada, por renuncia, e de Marcelo Castro-Rial Schuller, por fin de mandato.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria