Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de novembro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 15 de outubro de 2015, ditada no expediente sancionador LU-19/2015, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á interesada que a seguir se relaciona a resolución da xefatura da Área de Turismo de Lugo, ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-19/2015, incoado ao titular do establecemento de café-bar denominado Pub Camaleón, situado no lugar de Campo da Feira, s/n, do concello de Láncara (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, b) se a publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta área. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Lugo, 9 de novembro de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-19/2015.

Denunciada: Pub Camaleón, S.L.

Establecemento: Café Bar Pub Camaleón.

Enderezo: Campo da Feira, s/n. Localidade: A Pobra de San Xiao.

Feito denunciado: incumprir o deber de exhibir os carteis exixidos pola normativa turística. Carecer de follas de reclamacións e de lista de prezos de venda ao público.

Precepto infrinxido: artigo 35, alíneas f) e g) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e b) da Lei 7/2011.

Resolución: 15 de outubro de 2015.

Sanción: catrocentos euros (400 €).