Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de novembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador de Pontevedra PO-S-050/14 por infracción grave en materia de turismo (TUSAN1 2014/050-4).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselle a José Ramón Rodal Otero, con NIF 76811425G e enderezo no lugar de Tirán, nº 57, Moaña (Pontevedra), a resolución da directora de Turismo de Galicia do recurso de reposición interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave tipificada na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que, intentada polos medios habituais, non se puido levar a efecto.

O interesado poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2014/050-4.

Precepto infrinxido: artigo 110.5 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Resolución recurso de reposición: desestimado.

Data da resolución: 9 de xullo de 2015.

Sanción da multa: 1.500,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativas sendo polo tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia