Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 28 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-021/12.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 28 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-021/12.

Nome: Comunidade Hereditaria de Manuel Castro Márquez.

Enderezo: Illa de Tambo, núm. 69-3º A, 36163 Poio, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 26.232,35 euros.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolos para o pagamento de 194 recibos pendentes por un importe total de 26.232,35 euros, correspondentes ao período comprendido entre o 1 de setembro de 1997 e o 1 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

Concédeselles un prazo de 15 días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigacións e procedan ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que consideren convenientes.

Advertímolos que, no caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.