Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular do dereito mineiro e ao seu administrador concursal a resolución de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche da explotación mineira Cillarga, número 2668, sita no termo municipal de Ponteareas, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L., con CIF B36272334, e ao seu administrador concursal GDP Concursal, S.L.P., con CIF B74335993, a resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 10 de novembro de 2015, polo que se ordena proceder á execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche da explotación mineira Cillarga, número 2668, sita no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, que na actualidade se atopa en situación de abandono, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Comunícaselle que o acordo íntegro está á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 4º andar, Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas