Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44380

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1475/2014-MJC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1475/2014-MJC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 736/2012 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Picos de la Muralla, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José Moraña Argibay

Avogada: Ana María Moreno Lugris

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1475/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a empresa Picos de la Muralla, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José Moraña Argibay, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, con data do 13 de novembro de 2013, en autos 736/2012, debemos revogar e revogamos a dita resolución e desestimando a demanda interposta Mutua Gallega, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 201, absolvemos os demandados das pretensións da demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Picos de la Muralla, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza