Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos e bens para zona verde de sistema xeral SX-ZV-P15.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do 5 de novembro de 2015 (asunto nº 2 dos da súa orde do día ), acordou por maioría aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de terreos e bens para zona verde de sistema xeral SX-ZV-P15, asinado polo arquitecto municipal, Manuel Sanmartín Chao, con data do 24.3.2015 (por taxación conxunta), coa finalidade de realizar a actuación illada en solo urbano relativa á ampliación dos xardíns da Alameda.

Os predios afectados son os catastrais números:

2065407NH4226N0001LX, 2065406NH4226N0001PX, 2065402NH4226N0001BX, 2065403NH4226N0001YX, 2065404NH4226N0001GX e 2065405NH4226N0001QX.

O dito proxecto de expropiación, así como o expediente sométense a trámite de información pública durante o prazo dun mes, computado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro municipal, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

A Estrada, 9 de novembro de 2015

José C. López Campos
Alcalde presidente