Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Acuaes (Aguas de las Cuencas de España, S.A.).
Domicilio social: r/ Betancourt, nº 25, 4º andar 10, 28000 Madrid.
Denominación: CS e LMTS interior EDAR Ourense CT1 e CT2.
Situación: Ourense.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV, de 710 m, con condutor RHZ1-20 L 12/20 kV 3×(1×150 mm2) Al. O primeiro treito de 86 m en canalización subterránea de P.E. de alta densidade de 160 mm de diámetro e o resto en bandexa de PVC de 100×300 mm, soportada en parede da galería visitable, con orixe e final no CS proxectado e con entrada e saída nos dous CC.TT. tamén proxectados CT1 e CT2 de 2.000 kVA/unidade e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 313.400,52 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito.
Ourense, 19 de agosto de 2015
P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense


