Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2015 pola que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada pola empresa Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L. no porto de Tragove (Cambados) (clave 13-36-15-C-1).

A entidade Depuradora de Moluscos La Sirena, S.L. solicitou a esta entidade pública unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados) con destino á construción e explotación dun almacén e aparcadoiro anexo á depuradora de moluscos.

En cumprimento do artigo 85.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable na falta de lexislación autonómica propia, faise público para que nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, cos requisitos previstos no artigo 84 do citado Real decreto 2/2011.

As solicitudes e documentación correspondente deberán presentarse mediante escrito dirixido ao presidente do ente público Portos de Galicia, sito no Edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º (Santiago de Compostela). O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame das 9.00 ás 14.00 horas, nas oficinas centrais deste ente público na praza de Europa, 5A, 6º andar, Santiago de Compostela (A Coruña) e na páxina web www.portosdegalicia.es

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Juan José Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia