Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e de pesca fluvial (expediente ANI-CO-0016/2015-V e dous máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña, segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 129/2015.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de novembro de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANI-CO-0016/2015-V.

Denunciada: Raquel Guzmán Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANI-CO-0020/2015-V.

Denunciado: Antonio Dasantes Darriba.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: PES-CO-0043/2015-V.

Denunciado: Joaquín Francisco Carballeda San Luis.

Acto de notificación: acordo de iniciación.