Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2015/194-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Acanor, Acabados del Noroeste Vigo, S.L.

Domicilio social: Trans. Bouzo, 16, baixo, 36780 A Guarda.

Denominación: LMTA, LMTS e CT en Lago-Figueiro.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 20 metros de lonxitude, con orixe na liña ROS 814 e final no apoio proxectado HV-630/9 do cal continúa subterránea con condutor RHZ1 145 metros, finalizando no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Lago-Figueiro, Tomiño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra