Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribas de Sil (expediente IN407A 2015/102-2, 8295 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: adecuación LMTA SEQ806.

Situación: concello de Ribas de Sil.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV consistente no retensado e na regulación do van con orixe no apoio existente nº 36 da LMTA SEQ806 e final no apoio proxectado nº 36 B da LMTA SEQ806, cunha lonxitude de 61 metros en condutor tipo LA-30.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV consistente no retensado e na regulación do van con orixe no apoio proxectado nº 37 da LMTA SEQ806 e final no apoio existente nº 38 da LMTA SEQ806, cunha lonxitude de 67 metros en condutor tipo LA-30.

3. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no apoio proxectado nº 36 B e final no apoio proxectado nº 37, cunha lonxitude de 122 metros en condutor tipo RHZ1-95.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 13 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo