Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44783

I. Disposicións xerais

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 225, o mércores, 25 de novembro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 44520, no artigo 11. Emisión do informe, onde di: «1. Será competente para a emisión do informe favorable de esforzo de integración a persoa titular da dirección xeral competente en materia de inclusión social. Só se emitirán informes favorables se da documentación achegada non se acreditase o esforzo de integración, comunicarase tal circunstancia de forma motivada á persoa solicitante», debe dicir: «1. Será competente para a emisión do informe favorable de esforzo de integración a persoa titular da dirección xeral competente en materia de inclusión social. Só se emitirán informes favorables. Se da documentación achegada non se acreditara o esforzo de integración, comunicarase tal circunstancia de forma motivada á persoa solicitante».