Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44809

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015 pola que se convoca unha xornada sobre elixibilidade, simplificación e avaliación dos fondos estruturais e de investimento europeos 2014-2020.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2015 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, a EGAP, en colaboración coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, convoca unha xornada sobre elixibilidade, simplificación e avaliación dos fondos estruturais e de investimento europeos 2014-2020, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Dentro do ámbito de xestión dos fondos estruturais e de inversión europeos para o período 2014-2020, proponse esta acción formativa cuxo obxecto principal é tratar de facilitar aos xestores públicos dos fondos europeos as claves necesarias para unha boa xestión e execución destes.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Novas regras de elixibilidade dos fondos estruturais e de investimento europeos.

– Custos simplificados.

– Marco de rendemento e reserva de eficacia.

– Aspectos prácticos da avaliación dun proxecto.

3. Destinatarios.

Xestores de fondos europeos ao servizo da Administración da Xunta de Galicia, de entidades dependentes desta e persoal ao servizo das entidades locais galegas.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Santiago de Compostela. Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid, 2-4).

Data: 14 de decembro.

Horario: mañá e tarde, das 9.30 ás 13.45 e das 16.00 ás 18.00 horas.

Duración: 6 horas lectivas.

5. Número de prazas.

75 prazas.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/.

A orde de admisión virá determinada pola data de presentación das solicitudes.

O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de decembro de 2015.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 ata as 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41-981 54 62 39.

7. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

8. Certificado de asistencia oficial.

Ao final do curso entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización do curso e o selo oficial da institución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública