Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de novembro de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a resolución de concesión de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á persoa interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de concesión de subvención do programa de axudas ao alugamento, Plan estatal 2013-2016.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, a pesoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro de edictos únicos do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependecias da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situadas na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1192, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común), a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Ourense, 9 de novembro de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 201532ALUG00882D.

Nome e apelidos: Damaris Francisco Hernández.

DNI/NIE: X8217267B.

Enderezo: rúa Fornos, núm. 3, 1º dta.

CP: 32005.

Concello: Ourense.

Trámite: resolución de concesión de subvención.