Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-109/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Abanca, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 10 de novembro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-109/2015.

DNI: B-32404899.

Denunciada: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, nº 14, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse, r/ Chamoso Lamas, nº 14, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-111/2015.

NIF: 44477396-L.

Denunciado: David García Fernández.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, nº 6, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Karpe Diem, r/ Chamoso Lamas, nº 6, baixo, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 120 €.

Número de expediente: OU-E-112/2015.

DNI: B-32404899.

Denunciada: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, Nº 14, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse, r/ Chamoso Lamas, nº 14, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei orgánica 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.