Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Marzá I, no concello de Palas de Rei (expediente 002/2014 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), en relación co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na citada Lei 24/2013, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Marzá I.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente P-2 da LMT PAL803 Guntín e final no CT proxectado Marzá I, cunha lonxitude de 562 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie Marzá I, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parc. nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo de cultivo

Afección

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Voo

Sup.
ocupada m2

Lonxit. m

Sup.
afectada m2

1

135

167

Pedreira

Balbina e José Rodríguez Fernández

Avenida Fdez. Ladreda, nº 48, 3º B

36003 Pontevedra

Monte baixo

1 e 2 (½ )

10

78

784

3

135

190

Xuxilde

Hros. de Ramón García Rguez.

Riazón, 23, 27550 Taboada, Lugo

Monte alto

-

0

31

495