Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da oferta de emprego público 2014.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 207, do 29 de outubro de 2015, publícanse íntegras as bases da convocatoria para cubrir as seguintes prazas incluídas na oferta de emprego público deste concello para o ano 2014.

– Praza de oficial de policía local.

Clasificación: escala de Administración especial.

Subescala: servizos especiais. Clase básica. Grupo C1.

– Praza de policía local.

Clasificación: escala de Administración especial.

Subescala: servizos especiais. Clase básica. Grupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados coa presente convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Betanzos, 3 de novembro de 2015

José Ramón García Vázquez
Alcalde