Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/134/2015 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se poidese practicar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa de Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

P.A.
Alejandro Bregua Cousillas
Xefe da Sección da Inspección da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/134/2015.

Interesada: Rocar Prototipos, S.L.

CIF/NIF: B15932957.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/135/2015.

Interesada: Socoga Galicia, S.L.

CIF/NIF: B70321476.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/139/2015.

Interesada: Vibrantshare, S.L. (Media Home Direct).

CIF/NIF: B65690521.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/142/2015.

Interesada: Mugue Novias, S.L.

CIF/NIF: B70224530.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.