De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 10 de novembro de 2015
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-30/2015 RE.
Denunciado: Víctor Jiménez Montoya.
Acto notificado: resolución de expediente.
Expediente: OU-63/2015 RE.
Denunciado: Constantin Adrian Cirlan.
Acto notificado: resolución de expediente.
Expediente: OU-64/2015 RE.
Denunciado: Stefan Gabriel Plesca.
Acto notificado: resolución de expediente.
Expediente: OU-66/2015 RE.
Denunciado: Mihai Ginga.
Acto notificado: resolución de expediente.
Expediente: OU-71/2015 RE.
Denunciado: Marian Turcu.
Acto notificado: resolución de expediente.