Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-03421-O-2015 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-03421-O-2015 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-strada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-03421-O-2015

7144-FMH

Garda Civil 1503 N41519R

García García Manuel

27242603T

Esparragal, 5,

04140 Carboneras,

Almería

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Atenuante-Igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas.

26.6.2015; 11.47.00; N-VI; 577,5

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.d) LOTT

500 euros

XC-03484-O-2015

0598-FWV

Garda Civil 1503 N41519R

Marteo Paz, S.L.

B70358973

R/ Capitán Juan Varela, 6, 3º D,

15007 A Coruña

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

7.7.2015; 12.34.00; N-651; 15,7

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03499-O-2015

SG-3832-H

Garda Civil 1504 K68944G

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos,

15318 Abegondo,

A Coruña

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

7.7.2015; 18.12.00; DP4604; 6,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03501-O-2015

SG-3832-H

Garda Civil 1504 K68944G

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos,

15318 Abegondo,

A Coruña

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perderá a súa validez.

7.7.2015; 18.12.00; DP4604; 6,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-03551-O-2015

0601-JCM

Garda Civil 1504 I54077K

Juan Carlos Ballesta Quesada

52558367D

R/ Nazaries, 33,

23740 Andújar,

Jaén

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

8.7.2015; 09.50.00; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros