Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1299/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1299/2012 por instancia de Alfredo Sonería Muiño contra Cosar XII, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza de data do 9.11.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo

Estímase a demanda formulada por Alfredo Sonería Muiño frente a Cosar XII, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa a aboar ao demandante a cantidade de mil trescentos cincuenta euros con setenta (1.350 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, o representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros en la conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E, para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cosar XII, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

A secretaria xudicial