Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente ANP-OU-17/2015-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 10 de novembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-17/2015-V.

Interesado: Bruno Durán Torres.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: CAZ-OU-176/2015-V.

Interesado: Manuel Celestino Casal Barros.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-197/2015-V.

Interesado: José González Rodríguez.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-13/2015-V.

Interesado: David Mocho Carballo.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-OU-38/2015-V.

Interesado: Paul Ilie.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-OU-55/2015-V.

Interesado: Alonso Domínguez Alonso.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: PES-OU-63/2015-V.

Interesado: Agostinho Portiño.

Acto de notificación: proposta de resolución.