Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46001

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (secretario/a xeral).

Mediante Resolución do 9 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do venres, 13 de novembro de 2015, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (secretario/a xeral).

De conformidade co establecido no punto 7 das bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección se nomeará por resolución da Dirección Xeral do Igape. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo, secretario/a xeral do Igape, coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e á actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Tribunal

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: José Manuel Fernández García, xerente do Igape IP. Área de Competitividade.

– Secretaría:

Titular: Luis Daniel Cerviño Pernas, director da Área de Financiamento.

Suplente: Alberto Vivero Fernández, subdirector de Programas de Acceso ao Crédito. Área de Financiamento.

– Vogais:

Titular: Abel Benito Veiga Copo, director da Área de Internacionalización Galicia@World.

Suplente: María Dolores García de los Huertos Vidal, xerente do Igape. Área de Internacionalización Galicia@World.