Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada (expediente PO-82/030, conta 14).

Requírense aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, cuxa titularidade é do IGVS, situada na rúa Illa de Tambo, nº 69, 7º B, Poio, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince (15) días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1ª da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberanse dirixir á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 18).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 18 de novembro de 2015

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra