Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 13 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste, sirve de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, firmo e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Miras Miras, Manuel

033146869M

Fra. 201550599

9.9.2015

429,35

Dupla Rodríguez, Lúa

Fra. 201550630

17.9.2015

401,94

Mondelo Alonso, Matilde

076609872T

Fra. 201550706

20.10.2015

718,91