Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/077 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 17 de novembro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2015/077

Marian Cretu e Cristian Matei

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/091

Regino Mendes

Resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2015/136

Pedro García Rubido

Proposta de resolución do procedemento sancionador