Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02559-S-2015 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores PO-02559-S-2015 e outros sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince días (15) hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 18 de novembro de 2015

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Sevizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02559-S-2015

9967-BVJ

Policía Municipal 294522

Costa Outon, S.L.

B15375330

A Coruña, 7

15145 A Laracha (A Coruña)

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade, posuíndoo.

6.4.2015; 05.15

Avenida Castelao con r/ O Grove

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-02944-O-2015

0433-GRX

Garda Civil 3601 F57579E

Uzal Terceiro, Pablo

000586747w, S.L.N.E.

B36473908

O Zarabeto, 25, Ouzande

36684 Pontevedra

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

19.4.2015; 20.15; EP-9305; 7,5

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-02981-O-2015

PO-1429-BP

Garda Civil 3601 F57579E

Carballo García, Antonio

35288773B

Estrada Grupo Escolar, 88, pta. B

36913 Marín (Pontevedra)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

5.5.2015; 18.36; N-550; 126,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-02998-O-2015

1485-GLD

Garda Civil 3603 V93728C

Marcos Soares Araújo

76902615E

Os Bravos

36730 Tomiño (Pontevedra)

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

17.4.2015; 15.40; PO-552; 68,0

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-03004-O-2015

PO-5031-BP

Garda Civil 3601 P64763G

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

Torroso, 58

36415 Mos (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

28.4.2015; 05.13; N-550; 124,5

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950 euros

PO-03066-O-2015

8180-GTP

Garda Civil 3602 C14985S

Pardo Mallo, María Angélica

36104125J

A Carrasqueira, 141, Coruxo

36330 Vigo (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.5.2015; 16.50; N-541; 55,7

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03291-S-2015

1451-GXM

Policía Municipal 221146

Antonio Manuel Dios Iglesias

35466991W

O Monte A, 18

36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

28.6.2015; 00.15

Rúa Daniel de la Sota

Art. 60.a) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

2.001 euros

PO-02389-O-2014

8170-GFX

Garda Civil 3603 G29360D

Carmen María Mosquera Vázquez

44464157M

Avenida Compostela, 18

32500 O Carballiño (Ourense)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.6.2014; 08.53; A-52

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros