Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador INC-LU-0028/2015-MAQ.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 24 de novembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0028/2015-MAQ.

Interesada: Obras Ofiexpress, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.