Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46312

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (571/2015).

Na presente peza civil número 571/2015, dimanante de xuízo ordinario número 972/2009 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, seguido por instancia de Asier Saez de Buruaga Imaz fronte a Usue Urruela del Piño, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, Francisco Javier Valdés Garrido.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados relacionados na marxe, ditou en nome do rei a seguinte sentenza número 407:

Pontevedra, 13 de novembro de 2015.

Vista a peza de apelación seguida co número 571/2015, dimanante dos autos de xuízo ordinario incoados co número 972/2009 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, en que é parte apelante o demandante Asier Saez de Buruaga Imaz, representado pola procuradora Sra. Redondo Sandoval e asistido polo letrado Sr. Pacin San Luis, e apelada a demandada Usue Urruela del Pino, en situación de rebeldía procesual. É relator Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

A sala decide que, desestimando o recurso de apelación interposto por Asier Saez de Buruaga Imaz, representado polo procurador Sr. Pérez Estévez, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui o 23 de novembro de 2011, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución na súa integridade.

Impóñense ao recorrente as custas desta alzada».

Seguen as Rúbricas. Certifico.

E encontrándose a devandita demandada, Usue Urruela del Piño, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin que sirva de notificación en forma a esta.

Pontevedra, 19 de novembro de 2015

A secretaria xudicial