Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46391

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir un posto de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– 1 praza de técnico/a de operacións e servizos portuarios-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará o seguinte día hábil.

Vigo, 3 de decembro de 2015

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo