Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 3, tema prioritario 4.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 3, tema prioritario 4.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: P.A. 4/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para a súa realización en empresas galegas.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia da Coruña

2

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia de Pontevedra

3

Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas das provincias de Lugo e Ourense

4

Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento

5

Servizos de optimización dos procesos de produción e cadea loxística

6

Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

7

Servizos de implementación de xestión por procesos

8

Servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

9

Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa

10

Servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

11

Servizos de identificación de redes de cooperación e socios

12

Servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

13

Servizo de control, avaliación e difusión do programa

c) Lugar de execución:/ Lugar de entrega: Igape-Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado e o inicio da vixencia non será anterior ao 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación ascende a 4.498.800 € máis 944.748 € de IVE, total de 5.443.548 €, correspondendo: 1.874.500 € máis 393.645 de IVE, total de 2.268.145 € ao prazo de vixencia inicial (18 meses).

1.874.500 máis 393.645 de IVE, total de 2.268.145 €, ao prazo de posible prórroga (18 meses) e 749.800 € máis 157.458 € de IVE, total de 907.258 €, á posible ampliación ata o 20 % do prezo máximo de contrato inicial e prórroga, prevista na cláusula 20.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

O orzamento máximo de licitación inicial (1.874.500 € máis 393.645 de IVE, total de 2.268.145 €), desagregarase nos seguintes importes por lote:

Lotes

Orzamento unitario máximo (sen IVE)

Orzamento máximo por lote (sen IVE)

IVE

Total lote (IVE incluído)

Lote 1: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia da Coruña

4.000 €

120.000 €

25.200 €

145.200 €

Lote 2: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas da provincia de Pontevedra

4.000 €

120.000 €

25.200 €

145.200 €

Lote 3: servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora en empresas das provincias de Lugo e Ourense

4.500 €

67.500 €

14.175 €

81.675 €

Lote 4: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento

5.500 €

143.000 €

30.030 €

173.030 €

Lote 5: servizos de optimización da produción e cadea loxística

7.000 €

238.000 €

49.980 €

287.980 €

Lote 6: servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

5.500 €

187.000 €

39.270 €

226.270 €

Lote 7: servizos de implementación de control de xestión/xestión por procesos

7.000 €

182.000 €

38.220 €

220.220 €

Lote 8: servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

5.500 €

82.500 €

17.325 €

99.825 €

Lote 9: servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa

12.500 €

425.000 €

89.250 €

514.250 €

Lote 10: servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

6.500 €

65.000 €

13.650 €

78.650 €

Lote 11: servizos de identificación de redes de cooperación e socios

5.000 €

75.000 €

15.750 €

90.750 €

Lote 12: servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

6.500 €

97.500 €

20.475 €

117.975 €

Lote 13: servizo de control, avaliación e difusión do programa

n/a

72.000 €

15.120 €

87.120 €

O importe desta contratación está cofinanciado, nos anos 2016 e 2017 polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 3, tema prioritario 4, obxectivo específico 1.

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría) non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: a empresa deberá acreditar unha cifra de negocio media (media aritmética do importe neto da cifra de negocios) durante os tres últimos exercicios (ou daqueles dispoñibles en función da data de creación da empresa), cando menos dun 10 % do valor estimado para o lote ou lotes ao(s) que licite.

Solvencia técnica ou profesional: a licitante deberá contar cun equipo técnico suficiente para a execución en prazo da totalidade dos servizos obxecto de contrato e para cubrir a dedicación expresada na oferta, que conte con formación mínima de diplomatura universitaria, e experiencia mínima de 2 anos na prestación de servizos de consultoría similares ao obxecto do lote correspondente, para cada un dos membros do equipo técnico destinado á execución do contrato o que se acreditará polos medios establecidos nos puntos E, F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 8.1.2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): 21.1.2016, ás 9.30 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): 19.2.2016 ás 9.30 horas.

10. Criterios de adxudicación. Son os sinalados na epígrafe J da folla de especificacións.

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: 3.500 € máximo. Serán por conta do/s adxudicatario/s, prorrateándose o importe de forma proporcional entre os adxudicatarios.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 18.11.2015.

14. No seu caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica