Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015435AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 30 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015435AL-PO, incoado á entidade Panadería Mollabao, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Panadería Mollabao, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 23 de novembro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015435AL-PO.

Denunciada: Panadería Mollabao, S.L., con CIF B 36275956.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, 67, 36001, Pontevedra.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3, 4.2 e 5 e capítulo I puntos 1, 2 a), b) e c), 4, 6 e 9, capítulo II punto 1 c), d), e) e f), capítulo V punto 1 a), b) e d), capítulo VI puntos 1 e 2, capítulo IX punto 4, capítulo X punto 2 e capítulo XII punto 1 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 35 B), 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 €).

Tamén se confirma a medida cautelar acordada na data do 14.10.2015 (SC 27/15 PAN), de suspensión temporal da actividade de despacho de pan do establecemento.