Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de renovación do pavimento sintético do anel das pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra (expediente 1/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22265

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: obras de renovación do pavimento sintético do anel da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 68, do 13 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, multicriterio.

4. Valor estimado: 299.244,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 299.244,49 € IVE (21 %): 62.841,34 € importe total: 362.085,83 €.

6. Adxudicación e formalización dos contratos:

a) Data da resolución da adxudicación: 13 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Mondo Ibérica, S.A.

c) Importe: 343.942,50 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 24 de xullo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa das presentadas, non considerada anormal ou desproporcionada.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte