Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01043-O-2014 e tres máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número LU-01043-O-2014 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5-A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado a sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-01043-O-2014

3865-FKM

Garda Civil 2702 U89694K

Fortrans Valencia, S.L.

B98537525

Cronista J. Giménez Pascual, 62

46950 Valencia, Valencia/Valencia

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Atenuante-Menos de 4 horas e 30 minutos.

25.3.2014; 18.15; A-6; 479,00

Art. 141.25 en relación co art. 140.37.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

600

Inadmisible

LU-01706-O-2014

0679-HTX

Garda Civil 2702 U89694K

Carnicas Tebi, S.L.

B47451844

Cº. Carpio, s/n

47464 Nueva Villa de las Torres

Valladolid

A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

11.6.2014; 7.15; A6; 445,0

Art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601

Desestimado

PO-02252-O-2014

6618-FKT

Garda Civil 3601 Q92637T

Transtanoa, S.L.

B94028263

Chan da Ponte, 12, portal 4

36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra

Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste cando se posúe.

10.6.2014; 18.20; PO531; 5,2

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Desestimado

XC-00227-O-2014

4825-FSL

Garda Civil 1501 H45914F

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Regueiro Oscuro, 9, San Pedro de Nós 15176 Oleiros, A Coruña

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas).Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

18.9.2013; 23.34; AC-523; 11,600

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100

Desestimado