De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo en Paseo de Cervantes, número 7, 1º andar, das 9.00 á 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de decembro de 2015
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Requirimento: 36R001/R/PLB/241/2015.
Expedientes: 36R001/313/2015.
Interesada: Solucións Import 3000, S.L.
CIF/NIF: B 65685083.
Acto notificado: requirimento de inspección.