Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.
Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4ª planta, 28003 Madrid.
Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA para bombeo de Cerqueiras.
Situación: Cerqueiras, Ribeira.
Características técnicas: LMTS enlace entre o punto de entroncamento co CS proxectado 260 m-RHZ1-12/20 kV-3 (1×240 mm2 Al). CS: celas de entrada, saída e derivación ao abonado. LMTS enlace entre o CS e o CT 4 m-RHZ1 12/20 kV-3 (1×95 mm2 Al). CT: cela de entrada da liña, cela de protección e cela de medida. Trasformador trifásico Cotradis de 400 kVA e refrixeración natural en aceite, tensión primaria 20/24 kV e tensión secundaria 420 V en baleiro.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 17 de setembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña