Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo, dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 85 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-15-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Marítimo de Oza, Hospital Abente y Lago e Centro do Ventorrillo.

e) Prazo de execución/entrega: dez (10) anos contados desde que se produza o comezo efectivo da explotación do servizo na última das tres cafetarías contratadas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 55300000-3, 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon mínimo de licitación:

a) Canon mínimo para o primeiro ano de actividade de 6.000,00 €/ano para a cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, de 6.000,00 €/ano para a cafetaría do Hospital Abente y Lago e de 1.500,00 €/ano para a cafetaría do Centro do Ventorrillo.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao importe dos canons anuais ofertados.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se require.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no número 5.6.2.f. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no número 5.6.2.g. do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña