Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (2 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SUEI 09-10-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22835

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (2 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: dous.

Lote 1: adquisición de 18 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Lote 2: adquisición de 9 remolques para a atención ás emerxencias.

d) CPV: Lote 1: vehículos todo terreo; 34114100-0. Vehículos de emerxencia; 34114110-3. Vehículos de salvamento: 34131000-4 Furgonetas con caixa aberta (pick-ups).

Lote 2: 34220000-5 Remolques, semirremolques e contedores móbiles.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S112, do 12 de xuño de 2015; BOE nº 147, do 20 de xuño de 2015 e DOG nº 123, do 2 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato para os dous lotes: 731.181,82 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto para os dous lotes: 731.181,82 €.

Importe total para os dous lotes: 884.730,00 €, desagregado do seguinte xeito:

Lote 1: 720.000,00 €.

Lote 2: 164.730,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 25 de setembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 25 de novembro de 2015.

Lote 2: 16 de outubro de 2015.

c) Contratistas:

Lote 1: Yáñez, S.L.

Lote 2: Maforgal, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 712.170,18 €.

Lote 2: 160.322,58 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza