O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
A seguinte solicitude de inclusión dun exemplar no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2015/2129219.
Data: 26.10.2015.
Solicitante: Asociación de Veciños San Salvador de Ledesma.
Especie: Olea europaea L.
Localidade: lugar O Esqueiro-Ponte Ledesma.
Concello: Boqueixón.
Provincia: A Coruña.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxcn.cmati@xunta.es , poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>conservación da natureza>>árbores senlleiras) a información do expediente que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015
Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza